Mostrando entradas con la etiqueta emprego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta emprego. Mostrar todas las entradas

martes, 29 de octubre de 2019

Emprego e autismo, unha pequena reflexión.

PEQUENA REFLEXIÓN SOBRE AUTISMO E EMPREGO.


Cando un pai e unha nai descubren que súa crianza pertence a ese grupo particular, que procesa o mundo doutra forma, e que clínicamente se coñece como TEA (trastorno do espectro autista), unha das primeiras preguntas que se mexen nas súas cabezas é: “poderá traballar?”.

Sendo técnicos, a resposta sería si, seguro. Pero o de ter un emprego… Ah, eso xa é máis complicado.

Hai dous eidos onde a unha persoa con autismo se lle complica a vida, onde o que son chanzos a subir con esforzo para todos, para eles se converten en barreiras, que ás veces podes deitar e outras son infranqueables se non se traballa en equipo. Estes dous contextos son: a escola-educación, e a vida autosuficiente-emprego.




QUE DEBEMOS TER EN CONTA.


Pretendo aquí reflexionar sobre esta relación; persoa con autismo e emprego. Pero é moi necesario entender de entrada que sen unha verdadeira modificación sistemática, un correcto e sesudo traballo na etapa educativa, vai ser moito máis complicado o paso seguinte, acceder ao mundo laboral.

Mais, para continuar, imos a colocarnos no caso dunha persoa con autismo que pasou mal que ben pola etapa educativa básica, ou superior, e adquiriu as destrezas académicas básicas, ou excepcionais para ter un pouso intelectual que o dispoña para buscar emprego.
É neste intre vital onde alguén con esta condición vai a mirar atrás; qué clase de educación teño adquirido? Para qué me serven todas esas avaliacións académicas de coñecementos que din que son apto, ou incluso un xenio?, Son quen de sair da casa só a unha entrevista?, son quen de buscar oportunidades laborais acordes co que en teoría eu poseo como coñecementos?, nalgún momento ao longo da etapa educativa está programado comezar a dar verdadeiras aulas de autocoñecemento de capacidades?, de desenrolo de aspectos psicosociais enfocados á autonomía laboral? A resposta a todas estas preguntas é: “carencia absoluta”.

No mellor dos casos, pais comprometidos e formados verán esta necesidade e eles e/ou profesionais de apoio específicos buscarán educar estes aspectos tan importantes, aspectos por certo, que en realidade comezan na idade da teta. Pero este é outra profundidade do asunto.

Polo que, en canto esperamos por estes trocos no sistema educativo, as persoas que xa estexan nesta altura e necesidade, de incorporarse ao mercado laboral, debesen poder dispor de programas formativos en ferramentas psicosociais, e con un carácter realmente profundos e transversais que os encamiñen con suceso hacia o seu primeiro emprego ou a adquirir a capacidade de atopar un emprego que poida manter.

As persoas non familiarizadas co autismo, poden ter unha idea xeral das dificultades que se poden atopar estas, pero en realidade van moito máis alá do que, probablemente, se lles está a pasar pola cabeza.

Nun programa de búsqueda de emprego, nestes casos, podemos tirar ideas, estratexias xerais que se veñen desenrolando por profesionais no mundo do autismo, mais sen perder de vista, e como con calquera outra persoa, que sexa un programa con adaptación personalizada.

Hai unhas necesidades básicas de abordaxe da vida, que en teoría, xa lle permitiron chegar ata este punto, grazas aos seus pais, profesionais, esforzo incrible, e doses enormes de sufrimento innecesario, ou alomenos paliable, de ter feito as cousas doutra forma. Necesidades que vai ter que seguir traballando e evolucionando segundo se modifican seus contextos; como son a xestión horaria, a axenda, a capacidade de moverse na vila ou cidade, a xestión dos estímulos sensoriais… Mais tamén nos imos ter que centrar en aspectos enormemente importantes e concretos do eido laboral. Como por exemplo, saber qué roupa usar segundo o contexto laboral, saber desevolverse nunha entrevista laboral, manter a mínima cordialidade cos compañeiros de traballo, saber discernir no trato dependendo de con quen fale e en qué contexto ou momento do día, abordar imprevistos desenrolando adaptacións e resolucións ante os cambios.

Podemos pensar; “xa, esto témolo que ter en conta todos”, obvio, a diferencia é que para a maioría adquirir estas capacidades sociais e de relación que poñemos en funcionamento no entorno laboral, son adquiridas ao longo da vida de xeito case inconsciente e natural, aínda que despois podamos perfilar e apoiarnos no analítico para melloralo.

Pois no caso dunha persoa con autismo, a lóxica, o analítico, é o sistema primordial para adquirir a “matemática” social, e saber facer os cálculos para dar ordes á súa conduta, para levar a cabo o "correcto" , entrando moitas veces en conflicto coas súas sensacións e emocións. Podemos imaxinar entón que esto é esgotador, ademáis dun sistema que nunca funcionará tan ben como a capacidade natural de percibir a linguaxe pragmática, e a lectura inconsciente do contexto social, e de aí adaptarse.

Gostaría entón que o que lea isto, comprenda o esforzo infinito que estas persoas teñen que facer, simplemente para escoller a roupa apropiada, coller un autobús, entrar no local de traballo e saudar, e colocarse no seu posto.

Podemos pensar que esto non é responsabilidade dun orientador laboral, quedándonos só coa idea de guialo a un traballo que saiba facer, e nunha empresa onde o queiran para esa tarefa. Creo que en ningún caso é só isto, pero e que con alguén dentro do espectro autista moito menos.
O reto está no resto que expuxemos. O de descubrir o que sabe ou pode facer e a que empresa ou entidade lle serve, non sería o realmente complexo. Polo que entendo que esa outra perspectiva psicosocial ten que ser abordada dende unha orientación laboral inclusiva.




UNHA ORIENTACIÓN LABORAL INCLUSIVA:


Debemos entón, ao meu humilde entender, e obviando o básico, (concienciación social, inclusión educativa de calidade con potenciación de capacidades…) crear programas de capacitación social efectiva para o emprego adaptados a esta condición, e se fose posible, moito antes, mínimo dende a adolescencia, en secundaria, onde se poden traballar moitos aspectos que serán pasos e bases maravillosas para a posterior incorporación ao mundo laboral. Hoxe en día hai escolas, desgraciadamente aínda "alternativas,", que traballan por proxetos, e segundo a idade, o desenrolo deste proxeto lévase ata o punto de adaptación real ou simulada á realidade.

Pois logo, o traballo psicosocial de enfrentarse á busqueda do emprego non é mais que sumar, e enriquecer as capacidades a adquirir, e segundo as necesidades de cada un, implementaríanse dunha ou doutra maneira.

Os programas para mozos, e adultos xa formados académicamente, son loables, en ocasións xeniais e fantásticos, pero tremendamente todavía experimentais, mínimos en canto a cantas persoas acollen, non xeralizados nen adquiridos por programas da administración pública, sendo levados habitualmente por entidades asociativas e sen ánimo de lucro.
Mais, canto, canto podían ter avanzado de estar implementados no seu desenrolo escolar, ou de formación profesional.


O que quero decir, é que esta educación específica da que falo non é cousa só da casa, e dos profesionais concretos que contraten para o asunto, é algo que debese entrar nos planos educativos. Se queremos progresar hacia unha sociedade inclusiva, non sei de mellor forma que a de preparar a todos para ser quen de desenrolar o seu traballo nun emprego que lle dese autoestima, e autonomía social, o que sería un beneficio para todos.

E algo tremendamente importante que quero engadir. Estas persoas pásanse toda a vida esforzándose en temas e aspectos que a maioría adquirimos sen sabelo, e polo tanto damos como adquiridas por todos. Hai que implementar formación nesta diversidade, para que os  futuros compañeiros de traballo tamén sexan quen de por esforzo en adaptar o contexto a un compañeiro ou compañeira.

Estou seguro que moitos lle abrirían a porta ao compañeiro en cadeira de rodas que viña detrás del, pero, cántos invitaríamos ao café ao “raro” que non saúda ou fai “rarezas” sociais?, cántos tentaríamos baixar o barullo da oficina para que a compañeira puidese centrarse?, cántos tentaríamos explicarlle as tarefas a facer catro ou cinco veces, e incluso usando linguaxe adaptada, sen pensar que esa persoa é tonta, ou non capacitada e que non pinta nada alí?, cántos se achegarían a falar con alguén que ven falando só diante da máquina de café?, cántos tentarían traballar en equipo co que fai todo en tempo e forma e os deixa ficar mal porque non manexa a subxetividade das relacións?

Se o paso importante de buscar as tarefas acorde coas capacidades está feito, e en teoría debese funcionar, o que realmente trae o fracaso, é o contexto sensorio-emocional e social, que sendo importante para calquera, no caso das persoas con TEA é o factor estrela.



PARA ACABAR:


Un día contou Anxo Carracedo (Catedrático de Medicina Legal e experto internacional en xenética), unha anécdota:
Falando con un colega seu Alemán, preguntábanse; Cómo podía ser que Alemania, e España ainda menos, tivesen tan poucos premios nobel no eido da ciencia, en comparación con países como Reino Unido, ou mesmo Suiza, Austria que son máis pequenos. Pois, respondíalle seu colega alemán: “porque alí tratan ben e valoran aos que son diferentes, aos que son raros”.

De feito, despois comentábanos, que cando el viaxa a Oxford, e sobretodo no campo da Biotecnoloxía e a bioinformática a maioría dos traballadores cos que interacciona son persoas con TEA. Potencialidades aprobeitadas, vidas cheas de significado e a sociedade aproveitándose disto.

En definitiva, a discapacidade, para acceder a un emprego, depende moito máis da sociedade, do contexto, dos outros, que da persoa que din discapacitada.


Velaí este video de Autismo Sevilla:




Para saber máis:





Entidades xa con rodaxe na relación emprego-autismo:

ContrataTEA


lunes, 28 de octubre de 2019

¿Buscas emprego e tes discapacidade?

¡Ola!  Benvid@s a esta entrada onde podes atopar información que te pode axudar na búsqueda de emprego.

 ¿Buscas emprego e tes unha discapacidade?





Se a túa resposta é si, é posible que che resulte un pouco máis dificultoso acceder ao mundo laboral. Sabemos que aínda queda moito por traballar no eido da discapacidade, romper estigmas e estereotipos, pero é importante que coñezas que a lei contempla medidas específicas para facilitar o acceso ao emprego e que existen entidades que te poden axudar e guiar no teu camiño. ¿Coñécelas?

Comezaremos polo principio...

A Lei 51/3003, de 2 de decembro, de Igualdade de Oportunidades, non Discriminación e Accesibilidade Universal das persoas con discapacidade (art.12), considera que as persoas co incapacidade total, absoluta ou gran invalidez, e pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente, considéranse afectadas dunha discapacidade en grado igual ou superior ao 33% (punto 2, art 1). Máis, é necesario remarcar que existen diferencias nas medidas de acceso ao emprego para este grupo e as persoas con discapacidade. 

Nesta lei fálase da incapacidade laboral e da discapacidade, ¿coñeces as diferencias?

A incapacidade laboral é a situación na que se atopa unha persoa traballadora cando non pode realizar as funcións normais do seu posto de traballo e recibe unha prestación contributiva para compensar esta situación.

A discapacidade, según a OMS, é unha condición do ser humano, que de forma xeral, abarca as deficiencias, limitacións de actividade e restriccións de participación dunha persoa na súa actividade diaria. 

¿Entón que debes facer se contas cunha discapacidade?

O primeiro que debes ter en conta é que para beneficiarse destas medidas deberás acreditar, cun documento oficial, que estás en posesión como mínimo do 33% de discapacidade. Este documento denomínase "Certificado de discapacidade", e está dirixido ás persoas de calquer idade, con limitacións permanentes non recuperables. 

Este certificado é emitido polos equipos de valoración e orientación (EVO), dependentes da Consellería de Política Social, quen valorará as limitacións e os efectos destas na capacidade de realizar as actividades da vida diaria. Estes equipos contan con centros base de atención nas sete principais cidades de Galicia, onde poderás presentar a solicitude e documentación para iniciar o proceso. ¡Se tes dúbidas, tamén podes acudir á traballadora social do teu Concello ou do teu centro de saúde!

¿Que vantaxes tes agora co teu Certificado?

Unha vez teñas o teu certificado poderás acceder a unha serie de beneficios laborais e medidas positivas para acceder a un emprego:

Empresa ordinaria. As empresas que teñen máis de 50 persoas traballadoras en plantilla teñen a obriga de contratar a unha persoa con discapacidade. Ademáis, a empresa poderase beneficiar de bonificacións e subvencións pola túa contratación.

Centro Especial de Emprego (CEE). Son empresas con ou sen ánimo de lucro que teñen por obxecto proporcionar unha cualificación profesional e un traballo productivo, remunerado e adaptado ás persoas con discapacidade. Benefícianse de subvencións e bonificacións da seguridade social por manter una plantilla composta por un mínimo dun 70% de persoas con certificado de discapacidade.

Enclave laboral. O enclave laboral é un acordo que permite a mobilidade das persoas con discapacidade do CEE ás instalacións dunha empresa colaboradora para desenvolver a actividade profesional.

Emprego público. Existe un cupo non inferior ao 7% e un 2% para as persoas con discapacidade intelectual para postos da Administración xeral do Estado e das Comunidades Autónomas. 

Traballo Autónomo. Existen axudas, subvencións, reduccións e bonificacións na Seguridade Social. Deberás darte de alta no Réximen Especial de Traballadores Autónomas, e por suposto, establecer un bo plan de empresa. 


Agora que xa sabes que ambas partes gañan, ¡inicia a túa busca de emprego con forza!, ¡pensa en todo o que podes aportar ás empresas!



Lembra que, ademáis, existen entidades que te poden apoiar no teu camiño...

COGAMI: Confederación Galega de persoas con discapacidade
FAXPG: Federación de Persoas Xordas de Galicia
FADEMGA: Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermedade Mental de Galicia 
FEDERACIÓN DOWN GALICIA
FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA
FEGADACE: Federación Galega de Dano Cerebral 



Para finalizar, aquí tedes un exemplo moi motivador e positivo de como mostrarvos nunha entrevista.


 

SOLICITUD DE LAS COMPETENCIAS CLAVE EN UN CENTRO DE FORMACIÓN PARA EL EMPLEO GALLEGO

  CÓMO SE SOLICITAN LAS COMPETENCIAS CLAVE EN GALICIA PARA IMPARTIRLAS EN TU CENTRO DE FORMACIÓN PARA EL EMPLEO En primer lugar empezaremos ...