¿Buscas emprego e tes unha discapacidade?
Se a túa resposta é si, é posible que che resulte un pouco máis dificultoso acceder ao mundo laboral. Sabemos que aínda queda moito por traballar no eido da discapacidade, romper estigmas e estereotipos, pero é importante que coñezas que a lei contempla medidas específicas para facilitar o acceso ao emprego e que existen entidades que te poden axudar e guiar no teu camiño. ¿Coñécelas?
Comezaremos polo principio...
A Lei 51/3003, de 2 de decembro, de Igualdade de Oportunidades, non Discriminación e Accesibilidade Universal das persoas con discapacidade (art.12), considera que as persoas co incapacidade total, absoluta ou gran invalidez, e pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente, considéranse afectadas dunha discapacidade en grado igual ou superior ao 33% (punto 2, art 1). Máis, é necesario remarcar que existen diferencias nas medidas de acceso ao emprego para este grupo e as persoas con discapacidade.
Nesta lei fálase da incapacidade laboral e da discapacidade, ¿coñeces as diferencias?
A incapacidade laboral é a situación na que se atopa unha persoa traballadora cando non pode realizar as funcións normais do seu posto de traballo e recibe unha prestación contributiva para compensar esta situación.
A discapacidade, según a OMS, é unha condición do ser humano, que de forma xeral, abarca as deficiencias, limitacións de actividade e restriccións de participación dunha persoa na súa actividade diaria.
¿Entón que debes facer se contas cunha discapacidade?
O primeiro que debes ter en conta é que para beneficiarse destas medidas deberás acreditar, cun documento oficial, que estás en posesión como mínimo do 33% de discapacidade. Este documento denomínase "Certificado de discapacidade", e está dirixido ás persoas de calquer idade, con limitacións permanentes non recuperables.
Este certificado é emitido polos equipos de valoración e orientación (EVO), dependentes da Consellería de Política Social, quen valorará as limitacións e os efectos destas na capacidade de realizar as actividades da vida diaria. Estes equipos contan con centros base de atención nas sete principais cidades de Galicia, onde poderás presentar a solicitude e documentación para iniciar o proceso. ¡Se tes dúbidas, tamén podes acudir á traballadora social do teu Concello ou do teu centro de saúde!
¿Que vantaxes tes agora co teu Certificado?
Unha vez teñas o teu certificado poderás acceder a unha serie de beneficios laborais e medidas positivas para acceder a un emprego:
- Empresa ordinaria. As empresas que teñen máis de 50 persoas traballadoras en plantilla teñen a obriga de contratar a unha persoa con discapacidade. Ademáis, a empresa poderase beneficiar de bonificacións e subvencións pola túa contratación.
- Centro Especial de Emprego (CEE). Son empresas con ou sen ánimo de lucro que teñen por obxecto proporcionar unha cualificación profesional e un traballo productivo, remunerado e adaptado ás persoas con discapacidade. Benefícianse de subvencións e bonificacións da seguridade social por manter una plantilla composta por un mínimo dun 70% de persoas con certificado de discapacidade.
- Enclave laboral. O enclave laboral é un acordo que permite a mobilidade das persoas con discapacidade do CEE ás instalacións dunha empresa colaboradora para desenvolver a actividade profesional.
- Emprego público. Existe un cupo non inferior ao 7% e un 2% para as persoas con discapacidade intelectual para postos da Administración xeral do Estado e das Comunidades Autónomas.
- Traballo Autónomo. Existen axudas, subvencións, reduccións e bonificacións na Seguridade Social. Deberás darte de alta no Réximen Especial de Traballadores Autónomas, e por suposto, establecer un bo plan de empresa.
Agora que xa sabes que ambas partes gañan, ¡inicia a túa busca de emprego con forza!, ¡pensa en todo o que podes aportar ás empresas!
Lembra que, ademáis, existen entidades que te poden apoiar no teu camiño...
COGAMI: Confederación Galega de persoas con discapacidade
FAXPG: Federación de Persoas Xordas de Galicia
FADEMGA: Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermedade Mental de Galicia
FEDERACIÓN DOWN GALICIA
FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA
FEGADACE: Federación Galega de Dano Cerebral
Para finalizar, aquí tedes un exemplo moi motivador e positivo de como mostrarvos nunha entrevista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario