PEQUENA REFLEXIÓN SOBRE AUTISMO E EMPREGO.
Cando
un pai e unha nai descubren que súa crianza pertence a ese grupo
particular, que procesa o mundo doutra forma, e que clínicamente se
coñece como TEA (trastorno do espectro autista), unha das
primeiras preguntas que se mexen nas súas cabezas é: “poderá
traballar?”.
Sendo
técnicos, a resposta sería si, seguro. Pero o de ter un emprego… Ah, eso xa é máis
complicado.
Hai
dous eidos onde a unha persoa con autismo se lle complica a
vida, onde o que son chanzos a subir con esforzo para todos, para
eles se converten en barreiras, que ás veces podes deitar e outras
son infranqueables se non se traballa en equipo. Estes dous contextos
son: a escola-educación, e a vida autosuficiente-emprego.
QUE DEBEMOS TER EN CONTA.
Pretendo
aquí reflexionar sobre esta relación; persoa con autismo e emprego.
Pero é moi necesario entender de entrada que sen unha verdadeira
modificación sistemática, un correcto e sesudo traballo na etapa
educativa, vai ser moito máis complicado o paso seguinte, acceder ao
mundo laboral.
Mais,
para continuar, imos a colocarnos no caso dunha persoa con autismo
que pasou mal que ben pola etapa educativa básica, ou superior, e
adquiriu as destrezas académicas básicas, ou excepcionais para ter
un pouso intelectual que o dispoña para buscar emprego.
É
neste intre vital onde alguén con esta condición vai a mirar atrás;
qué clase de educación teño adquirido? Para qué me serven todas
esas avaliacións académicas de coñecementos que din que son apto,
ou incluso un xenio?, Son quen de sair da casa só a unha entrevista?, son quen de buscar oportunidades laborais acordes co que en teoría
eu poseo como coñecementos?, nalgún
momento ao longo da etapa educativa está programado comezar a dar
verdadeiras aulas de autocoñecemento de capacidades?, de desenrolo
de aspectos psicosociais enfocados á autonomía laboral? A resposta a todas estas preguntas é: “carencia absoluta”.
No
mellor dos casos, pais comprometidos e formados verán esta
necesidade e eles e/ou profesionais de apoio específicos buscarán
educar estes aspectos tan importantes, aspectos por certo, que en
realidade comezan na idade da teta. Pero este é outra profundidade
do asunto.
Polo
que, en canto esperamos por estes trocos no sistema educativo, as
persoas que xa estexan nesta altura e necesidade, de incorporarse ao
mercado laboral, debesen poder dispor de programas formativos en
ferramentas psicosociais, e con un carácter realmente profundos e
transversais que os encamiñen con suceso hacia o seu primeiro
emprego ou a adquirir a capacidade de atopar un emprego que poida
manter.
As
persoas non familiarizadas co autismo, poden ter unha idea xeral das
dificultades que se poden atopar estas, pero en realidade van moito
máis alá do que, probablemente, se lles está a pasar pola cabeza.
Nun
programa de búsqueda de emprego, nestes casos, podemos tirar ideas,
estratexias xerais que se veñen desenrolando por profesionais no
mundo do autismo, mais sen perder de vista, e como con calquera outra
persoa, que sexa un programa con adaptación personalizada.
Hai unhas necesidades básicas de abordaxe da vida, que en teoría, xa lle permitiron chegar ata este punto, grazas aos seus pais, profesionais, esforzo incrible, e doses enormes de sufrimento innecesario, ou alomenos paliable, de ter feito as cousas doutra forma. Necesidades que vai ter que seguir traballando e evolucionando segundo se modifican seus contextos; como son a xestión horaria, a axenda, a capacidade de moverse na vila ou cidade, a xestión dos estímulos sensoriais… Mais tamén nos imos ter que centrar en aspectos enormemente importantes e concretos do eido laboral. Como por exemplo, saber qué roupa usar segundo o contexto laboral, saber desevolverse nunha entrevista laboral, manter a mínima cordialidade cos compañeiros de traballo, saber discernir no trato dependendo de con quen fale e en qué contexto ou momento do día, abordar imprevistos desenrolando adaptacións e resolucións ante os cambios.
Hai unhas necesidades básicas de abordaxe da vida, que en teoría, xa lle permitiron chegar ata este punto, grazas aos seus pais, profesionais, esforzo incrible, e doses enormes de sufrimento innecesario, ou alomenos paliable, de ter feito as cousas doutra forma. Necesidades que vai ter que seguir traballando e evolucionando segundo se modifican seus contextos; como son a xestión horaria, a axenda, a capacidade de moverse na vila ou cidade, a xestión dos estímulos sensoriais… Mais tamén nos imos ter que centrar en aspectos enormemente importantes e concretos do eido laboral. Como por exemplo, saber qué roupa usar segundo o contexto laboral, saber desevolverse nunha entrevista laboral, manter a mínima cordialidade cos compañeiros de traballo, saber discernir no trato dependendo de con quen fale e en qué contexto ou momento do día, abordar imprevistos desenrolando adaptacións e resolucións ante os cambios.
Podemos
pensar; “xa, esto témolo que ter en conta todos”, obvio, a
diferencia é que para a maioría adquirir estas capacidades sociais e
de relación que poñemos en funcionamento no entorno laboral, son
adquiridas ao longo da vida de xeito case inconsciente e natural,
aínda que despois podamos perfilar e apoiarnos no analítico para
melloralo.
Pois
no caso dunha persoa con autismo, a lóxica, o analítico, é o
sistema primordial para adquirir a “matemática” social, e saber
facer os cálculos para dar ordes á súa conduta, para levar a cabo o "correcto" , entrando moitas veces en conflicto coas súas sensacións e
emocións. Podemos imaxinar entón que esto é esgotador, ademáis dun
sistema que nunca funcionará tan ben como a capacidade natural de
percibir a linguaxe pragmática, e a lectura inconsciente do contexto
social, e de aí adaptarse.
Gostaría
entón que o que lea isto, comprenda o esforzo infinito que estas
persoas teñen que facer, simplemente para escoller a roupa
apropiada, coller un autobús, entrar no local de traballo e saudar,
e colocarse no seu posto.
Podemos
pensar que esto non é responsabilidade dun orientador laboral,
quedándonos só coa idea de guialo a un traballo que saiba facer, e
nunha empresa onde o queiran para esa tarefa. Creo que en ningún
caso é só isto, pero e que con alguén dentro do espectro autista
moito menos.
O reto está no resto que expuxemos. O de descubrir o que sabe ou pode
facer e a que empresa ou entidade lle serve, non sería o realmente
complexo. Polo que entendo que esa outra perspectiva psicosocial ten que ser
abordada dende unha orientación laboral inclusiva.
UNHA ORIENTACIÓN LABORAL INCLUSIVA:
Debemos
entón, ao meu humilde entender, e obviando o básico,
(concienciación social, inclusión educativa de calidade con
potenciación de capacidades…) crear programas de capacitación
social efectiva para o emprego adaptados a esta condición, e se fose posible, moito antes, mínimo dende a
adolescencia, en secundaria, onde se poden traballar moitos aspectos
que serán pasos e bases maravillosas para a posterior incorporación ao mundo laboral.
Hoxe en día hai escolas, desgraciadamente aínda "alternativas,", que traballan por proxetos, e
segundo a idade, o desenrolo deste proxeto lévase ata o punto de
adaptación real ou simulada á realidade.
Pois logo, o traballo psicosocial de enfrentarse á busqueda do emprego non é mais que sumar, e enriquecer as capacidades a adquirir, e segundo as necesidades de cada un, implementaríanse dunha ou doutra maneira.
Pois logo, o traballo psicosocial de enfrentarse á busqueda do emprego non é mais que sumar, e enriquecer as capacidades a adquirir, e segundo as necesidades de cada un, implementaríanse dunha ou doutra maneira.
Os
programas para mozos, e adultos xa formados académicamente, son
loables, en ocasións xeniais e fantásticos, pero tremendamente
todavía experimentais, mínimos en canto a cantas persoas acollen,
non xeralizados nen adquiridos por programas da administración
pública, sendo levados habitualmente por entidades asociativas e sen ánimo de lucro.
Mais, canto, canto podían ter avanzado de estar implementados no seu desenrolo escolar, ou de formación profesional.
Mais, canto, canto podían ter avanzado de estar implementados no seu desenrolo escolar, ou de formación profesional.
O
que quero decir, é que esta educación específica da que falo non é
cousa só da casa, e dos profesionais concretos que contraten para o
asunto, é algo que debese entrar nos planos educativos. Se queremos
progresar hacia unha sociedade inclusiva, non sei de mellor forma que
a de preparar a todos para ser quen de desenrolar o seu traballo nun
emprego que lle dese autoestima, e autonomía social, o que sería un
beneficio para todos.
E
algo tremendamente importante que quero engadir. Estas persoas pásanse
toda a vida esforzándose en temas e aspectos que a maioría
adquirimos sen sabelo, e polo tanto damos como adquiridas por todos.
Hai que implementar formación nesta diversidade, para que os futuros compañeiros de traballo tamén sexan quen de por esforzo en
adaptar o contexto a un compañeiro ou compañeira.
Estou
seguro que moitos lle abrirían a porta ao compañeiro en cadeira de
rodas que viña detrás del, pero, cántos invitaríamos ao café ao
“raro” que non saúda ou fai “rarezas” sociais?, cántos
tentaríamos baixar o barullo da oficina para que a compañeira
puidese centrarse?, cántos tentaríamos explicarlle as tarefas a
facer catro ou cinco veces, e incluso usando linguaxe adaptada, sen
pensar que esa persoa é tonta, ou non capacitada e que non pinta
nada alí?, cántos se achegarían a falar con alguén que ven falando só diante da máquina de café?, cántos tentarían
traballar en equipo co que fai todo en tempo e forma e os deixa ficar
mal porque non manexa a subxetividade das relacións?
Se o
paso importante de buscar as tarefas acorde coas capacidades está
feito, e en teoría debese funcionar, o que realmente trae o fracaso, é o contexto sensorio-emocional e social, que sendo importante para
calquera, no caso das persoas con TEA é o factor estrela.
PARA ACABAR:
Un
día contou Anxo Carracedo (Catedrático
de Medicina Legal e experto internacional en xenética),
unha anécdota:
Falando
con un colega seu Alemán, preguntábanse; Cómo podía ser que
Alemania, e España ainda menos, tivesen tan poucos premios nobel no
eido da ciencia, en comparación con países como Reino Unido, ou
mesmo Suiza, Austria que son máis pequenos. Pois, respondíalle seu
colega alemán: “porque alí tratan ben e valoran aos que son
diferentes, aos que son raros”.
De
feito, despois comentábanos, que cando el viaxa a Oxford, e
sobretodo no campo da Biotecnoloxía e a bioinformática a maioría
dos traballadores cos que interacciona son persoas con TEA.
Potencialidades aprobeitadas, vidas cheas de significado e a
sociedade aproveitándose disto.
En
definitiva, a discapacidade, para acceder a un emprego, depende moito
máis da sociedade, do contexto, dos outros, que da persoa que din
discapacitada.
Velaí este video de Autismo Sevilla:
Para
saber máis:
No hay comentarios:
Publicar un comentario