Na sesión do sábado 19 de outubro, dirixida polo docente D. José Mª Rolón, tratouse o tema das habilidades e competencias sociais. Cualidades que os profesionais da orientación laboral debemos, non so coñecer e practicar, senón tamén ser capaces de transmitir ás persoas orientadas para mellorar a súa empregabilidade.
Nas habilidades e competencias sociais hai diversos conceptos que debemos clarificar e dominar. Un deses primeiros conceptos é a competencia social.
Competencia social |
COMPETENCIA SOCIAL
Entendida por Rafael Bisquerra como "a capacidade para manter boas relacións con outras persoas". Por tanto, determinará a maneira como nos relacionamos coas demais persoas e, como capacidade poder ser aprendida e aprehendida. Sen embargo, a competencia social non pode entenderse sen ter en conta as microcompetencias das que está composta, moi importantes por si mesmas:
- Dominar as habilidades sociais básicas, entre as que está a escoita activa.
- Respecto polos demais.
- Practicar a comunicación receptiva e a expresiva.
- Compartir emocións.
- Comportamento prosocial e cooperación.
- Asertividade.
- Prevención e solución de confllitos.
- Capacidade para xestionar situacións emocionais.
HABILIDADES SOCIAIS
Refírense á capacidade da persoa para executar unha conduta de intercambio con resultados beneficiosos.
Caballo (1986), fala da conduta socialmente habilidosa entendida como "conxunto de condutas emitidas por un individuo nun contexto interpersoal que expresa os sentimentos, actitudes, desexos, opinións ou dereitos dese individuo dun modo adecuado á situación inmediata, respectando esas condutas nos demais, e que xeralmente resolve os problemas inmediatos da situación mentres minimiza a probabilidade de futuros problemas".
As habilidades sociais son aprendidas a través da observación, imitación, ensaio e información.
ASERTIVIDADE
Unha microcompetencia que ten moito peso á hora de comunicarnos cos demais.
É un modelo de relación interpersoal. Por tanto, é un comportamento, no que a persoa expresa de forma directa os propios dereitos, opinións, sentimentos respectando os dereitos dos demais sen ameazar nin castigar.
Esta habilidade comporta importantes vantaxes para as persoas, xa que lograrán os seus obxectivos de forma duradeira, mantemento de relacións interpersoais sinceiras e gratificantes, autoconfianza, seguridade en si mesma e o fortalecemento da autoestima.
Cando decimos que as persoas asertivas coñecen os propios dereitos e defenden os das demais persoas, estamos falando dos dereitos asertivos, baseados en determinadas crenzas as relacións humanas en contextos culturais concretos.
A comunicación verbal da persoa asertiva caracterízase por frases curtas, breves e claras, cunha linguaxe directa para xerar críticas constructivas e suxerencias sen ser consellos. Realiza preguntas co obxectivo de descubrir pensamentos e desexos nas outras persoas e poder atopar alternativas.
A asertividade é un estilo de comportamento equilibrado entre o estilo agresivo e o pasivo.
Estilo de comportamento .Fonte |
EMPATÍA
Unha microcompetencia que ten moito peso á hora de comunicarnos. Que pensamos cando falamos de empatía? Unha frase moi representativa da empatía é "poñerse nos zapatos da outra persoa". Segundo a RAE, é un sentimento de identificación con algo ou alguén. Capacidade de identificarse con alguén e compartir os seus sentimentos".
Pola súa parte, Gonzalez de Rivera, defínea como a "acción e a capacidade de comprender, ser consciente, ser sensible ante os sentimentos e experiencias do outro, sen que este comunique ditos sentimentos ou experiencias de forma explícita".
Na empatía existen dúas categorías:
- Empatía Afectiva, capacidade de comprender as emocións dos demais.
- Empatía Cognitiva, capacidade de ler a mente dos demais e supoñer os estados mentais, desexos, crenzas e intencións.
Proceso do Modelo de aprendizaxe de competencias |
INTELIXENCIA EMOCIONAL
Unha microcompetencia Segundo Salovey e Mayer é "unha habilidade para:
O neurobiólogo Giacomo Rizzolatti, descubridor das neuronas espello, moi relacionadas coa empatía. As neuronas espello actívanse so con observar e escoitar accións doutra persoa. Sen estas neuronas son as base para que as persoas poidamos manifestar e sentir empatía.
As emocións son contaxiosas, non hai mais que ver a unha persoa rindo, chorando, ... e inmediatamente as neuronas espello actúan facendo que nos indentifiquemos cos sentimentos e emocións de esa persoa.
DISTORSIÓNS COGNITIVAS
As nosas emocións son causa directa dos nosos pensamentos, os que se ven afectados polas chamadas distorsións cognitivas. Por tanto, tras unhas emocións negativas están agochados uns pensamentos irracionais, non axustados á realidade. Esto ocorre porque é un comportamento aprendido e adquirido ao longo do tempo. De ahí a importancia de ser conscientes da nosa forma de pensar para poder modificalos, axustalos á realidade e implementar cambios beneficiosos na nosa vida.
Cales son as distorsións cognitivas?
Para finalizar esta entrada, compartimos a compilación da sesión realizada por Patricia da Silva Nieto, a cal agradecemos o seu traballo.
Unha microcompetencia Segundo Salovey e Mayer é "unha habilidade para:
- percibir e valorar con exactitude a emoción.
- acceder e/ou xerar sentimentos cando faciliten o pensamento.
- comprender a emoción e o coñecemento emocional.
- regular as emociones que promoven o crecemento emocional e intelectual.
Mentres que Goleman sinala que é "a capacidade de recoñecer os sentimentos propios e os dos demais, de motivarnos e de manexar adecuadamente as relacións".
Polo tanto, podemos diferenciar a Competencia Persoal (autocoñecemento, autorregulación emocional e automotivación) e a Competencia Social (Empatía e Habilidades Sociais)
O neurobiólogo Giacomo Rizzolatti, descubridor das neuronas espello, moi relacionadas coa empatía. As neuronas espello actívanse so con observar e escoitar accións doutra persoa. Sen estas neuronas son as base para que as persoas poidamos manifestar e sentir empatía.
As emocións son contaxiosas, non hai mais que ver a unha persoa rindo, chorando, ... e inmediatamente as neuronas espello actúan facendo que nos indentifiquemos cos sentimentos e emocións de esa persoa.
DISTORSIÓNS COGNITIVAS
As nosas emocións son causa directa dos nosos pensamentos, os que se ven afectados polas chamadas distorsións cognitivas. Por tanto, tras unhas emocións negativas están agochados uns pensamentos irracionais, non axustados á realidade. Esto ocorre porque é un comportamento aprendido e adquirido ao longo do tempo. De ahí a importancia de ser conscientes da nosa forma de pensar para poder modificalos, axustalos á realidade e implementar cambios beneficiosos na nosa vida.
Cales son as distorsións cognitivas?
- Filtros mentais
- Etiquetación
- Sobrexeralización
- Adxetivos desmedidos
- Pensamentos anticipatorios improdutivos
- Lectura mental
- Falacia de control por exceso ou por defecto
- Enunciación "deberías"
Como facerlles fronte?
- Descrición da situación xeradora do malestar
- Identificación das emocións e sentimentos
- Identificación dos pensamentos
- Deteción das posibles distorsións
- Volver a pensar e a sentir
Para finalizar esta entrada, compartimos a compilación da sesión realizada por Patricia da Silva Nieto, a cal agradecemos o seu traballo.
PARA SABER MÁIS:
Enlaces de interés:
Dereitos asertivos
Eres asertivo? Test da asertividade
Formas de resolver confllitos na empresa
Vídeos:
Empatía
Estilos de resolución de conflitos
Como nos engana o cerebro? Distorsións cognitivas
Lecturas recomendadas
Bimbela: "Cuidando al formador"
González de Rivera Revuelta: "Empatía y Ecpatía"
Bimbela: "Cuidando al formador"
González de Rivera Revuelta: "Empatía y Ecpatía"
Created By Grupo 6 POLAB19
No hay comentarios:
Publicar un comentario