ORIENTANDO NO EMPRENDEMENTO
ORIENTANDO NO EMPRENDEMENTO
Boas seguidor@s e benvid@s, a nosa primeira entrada grupal neste blogue versará sobre a sesión do venres 27 de setembro, impartida polo docente Fernando L. Agulló Leal, adicada a “O deseño do modelo de negocio: O “Canvas”.
Nela abordamos as cuestións principais a ter en conta á hora de poñer en marcha unha empresa e que son fundamentais para desempeñar a profesión que nos une, a orientación laboral.
Nela abordamos as cuestións principais a ter en conta á hora de poñer en marcha unha empresa e que son fundamentais para desempeñar a profesión que nos une, a orientación laboral.
Que mellor maneira de abordar o emprendemento que mergullarse na pel dun emprendedor!
Nesta sesión tratamos os seguintes aspectos clave:
- Elementos esenciais para a creación dunha empresa
- Claves para elaborar un Modelo de Negocio: Canvas
- Persoa emprendedora Vs Empresario
- Vantaxes e inconvintes do emprendemento
- O papel da persoa orientadora laboral no emprendemento
Podemos dividir a exposición en dúas partes: unha na que se tratan os aspectos máis teóricos da creación de empresas e outra máis práctica e dirixida ao desenvolvemento da labor da persoa orientadora no campo do emprendemento.
Na primeira parte expuxéronse os elementos esencias na creación de empresas (Idea –Plan de Empresa – Motivos). Elementos que responden as seguintes preguntas:
- Idea:
Que?
- Plan
de Empresa: Como imos facer?
- Motivos: Quen e por que?
É importante diferenciar entre persoa emprendedora e persoa empresaria. A primeira é a persoa que inicia a empresa, mentres que a segunda é a que posúe e xestiona un negocio. Por tanto, ámbalas dúas non teñen porque ser a mesma.
Detrás do emprendemento existen unhas motivacións ou razóns que empuxan á una persoa a materializar a súa idea. É fundamental coñecer a razón do proxecto empresarial, xa que “permitirá definir o fin e a misión da túa idea empresarial”. O fin do proxecto ten que ver cunha motivación interna, persoal. Mentres a misión está relacionada co obxectivo da empresa para a comunidade.
As vantaxes do emprendemento, como o feito de ser o teu propio xefe, obter ingresos e indepencia económica, resultan moi atractivas. De todos modos, non debemos esquecer os inconvenientes como o enorme sacrificio que conleva, a incertidume respecto aos resultados e a presión constante do propio mercado.
Aclarados os aspectos previos á creación dunha empresa, chega o momento de coñecer o Plan de Empresa: que é, como se elabora e cales son os contidos básicos que debe recoller. Á hora de poñer en marcha un negocio debemos ter en conta varios puntos clave para que a nosa idea sexa viable e sostible no tempo. De aí a importancia de elaborar un Modelo de Negocio, que é un documento que nos axuda a reflexionar a nosa idea de negocio e darlle forma para facela real. Consiste nunha representación visual, simplificada e teórica das bases do noso proxecto empresarial. Na súa elaboración debemos coidar a estrutura e ordenación do contido, escrito de forma clara e concisa e cunha linguaxe atractiva.
O Modelo ou Plan de negocio debe realizarse en base a criterios realistas e nun contexto económico de normalidade.
Un dos modelos de negocio máis
utilizado é o Modelo Canvas (Alexander
Esterwalder). Trátase dun lenzo estruturado en 4 bloques, descompostos en 9
módulos nos que a persoa emprendedora vai respondendo a unha serie de
preguntas.
Se queredes profundizar máis sobre o Modelo Canvas, deixámosvos este vídeo da nosa colleita onde destacamos os puntos vistos da sesión:
Xa, na segunda parte da sesión, abordáronse os obxectivos da orientación laboral no emprendemento. A través dun diagrama de fluxo explicáronse as fases polas que pasa a elaboración dun Modelo de Negocio, collendo como plantilla o modelo Canvas, e cales son as actuacións do profesional da orientación laboral. Como última recomendación, o docente amosou un posible decálogo para a actuación profesional.
Moi orgullosas do traballo realizado e do resultado do noso Modelo Canvas:
A sesión finalizou cunha tarefa práctica, dividímonos por
grupos para que elaborásemos un Modelo de Negocio utilizando o Modelo Canvas. Para
realizalo, o docente presentou un caso real dunha Escola de Mergullo e facilitounos a plantilla do Lenzo
Canvas. Sobre el, cada grupo foi analizando a súa idea de negocio para expoñela
antes de finalizar a sesión.
Moi orgullosas do traballo realizado e do resultado do noso Modelo Canvas:
PARA SABER MÁIS, preme nos seguintes enlaces:
- Información Modelo Canvas
- Formas xurídicas dunha empresa
- Crear una empresa
- Consellos para emprendedores
As persoas encargadas de chíar e dinamizar esta sesión foron:
Grupo dinamización 27/09/2019 |
María, Cristina, Carmen, Maite e Fernando L. Agulló |
Sen máis, finalizamos este artigo deixándovos o enlace á compilación de todo o sucedido nesta sesión e dándovos as gracias por seguirnos nesta aventura blogueira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario